Standards&Ballads é un disco gravado en duas sesións distintas.
4 temas a trío e 4 a dúo forman o conxunto de esta obra composta
por temas clásicos da música americana.
O guitarrista Steve Brown, compositor de dous dos temas, e o contrabaixista
Alfonso Morán, acompañan a Roberto
Somoza neste CD que inda que conserva
o sonido personal do intérpetre, lembra os sonidos clásicos do bebop e o harbop.
FORMACIÓN:
Roberto Somoza: Saxofón Tenor
Steve Brown: Guitarra
Alfonso Morán: Contrabaixo
YELLOW
YELLOW é a historia dunha viaxe real e imaxinaria.
Un paseo por New York, Cuba, París,
Sofía, Rianxo ...
Unha historia contada con música, en donde
cada personaxe ofrécenos a súa versión a través
da improvisación.
9 contos breves que transportan ó oínte
polas rúas de medio mundo.
FORMACIÓN:
Roberto Somoza: Saxo Tenor
Nicolay Velikov: Violín
Sérgio Delgado: Organo
Alfonso Morán: Contrabaixo
Miguel Cabana: Batería
Xocas Meijide: Clarinete
ATLANTIC BRIDGE
Iste é o primeiro album da banda:
Roberto Somoza - Saxofóns
Whalter White - Trompeta
Steve Brown - Guitarra
Alberto Conde - Piano
Kin García - Contrabaixo
Miguel Cabana - Batería
É un proxecto que une a músicos Norteamericanos e Galegos.
CLUNIA. 5
Clunia regresa con novo disco.
A Nani García, Baldo Martínez e Fernando Llorca, fundadores do grupo na década dos 80, únense Roberto Somoza e Matthew Lee Simon para dar corpo a 5.
O disco sairá á venda o próximo setembro (2009) e co seu título celebran esta nova formación e a quinta gravación do grupo.
ROBERTO SOMOZA. The Vanguard
THE VANGUARD, é un proxecto que rinde tributo ó saxo alto, con composicións e arranxos contemporáneos que explotan ó máximo o formato da pequena orquestra moderna de jazz.
Unha pequena homenaxe ós grandes maestros clásicos deste instrumento,
tratados agora desde un punto de vista diferente.
O disco que se presenta foi gravado no mes de novembro nos estudios Bruar para a discográfica Xingra.com e foi composto, arranxado e dirixido por Roberto Somoza.
Unha sección de cinco ventos e trío de ritmo dan forma a este disco que conta coa colaboración do pianista e compositor Nani García productor do disco con Javier Ferreiro.
O novo CD xa está dispoñible en tendas e na web Xingra.com desde o 5 de maio de 2009.
FORMACIÓN:
Saxofón Alto: Roberto Somoza
Trompeta & Fliscorno: Hansel Luís Díez
Trompeta & Fliscorno: Ricardo Costa
Trombón : Edward Machado
Trombón: Nandor Kasza
Piano : Jacobo de Miguel Bueres
Contrabaixo: Kin García
Batería: Fernando Llorca